O meu primeiro acercamento ás Tic foi na etapa
de Educación Primaria cando tiñamos un mestre que nos levaba a aula de
informática. Primeiramente ensinounos a usar os programas básicos como o Open Office
e o Movie Maker, e avanzamos ata acabar cursando un curso de mecanografía. O
mestre explicaba a través do proxector e despois realizábamos a tarefa por
parellas. Tamén puidemos aprender un pouco do programa Photoshop.
Xa na ESO, máis concretamente en 4º, tiven a materia
de informática e tamén realizamos o mesmo tipo de actividades pero con
programas máis avanzados e mesmo chegamos a realizar un cortometraxe. Neste ano
tamén escollín a materia de plástica e utilizamos programas de creación de
pezas que foron bastante interesantes e realmente divertidos, como o Sketch Up,
e aprendimos a utilizar máis a fondo o Photoshop. O mesmo me pasou en primeiro
de bacharelato con debuxo técnico. Por último, en segundo de bacharelato, tamén
en debuxo técnico, utilizábamos a pizarra dixital para a explicación de todas
as actividades. Pareceume bastante interactivo, xa que a profesora case non a
sabía usar e podíamos axudala. Durante
toda a etapa do instituto estaban presentes en todas as aulas proxectores,
aínda que os profesores non os utilizaban moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario