jueves, 28 de enero de 2016

A MIÑA HISTORIA PERSOAL COAS TIC- Xulia

O meu primeiro acercamento ás Tic foi na etapa de Educación Primaria cando tiñamos un mestre que nos levaba a aula de informática. Primeiramente ensinounos a usar os programas básicos como o Open Office e o Movie Maker, e avanzamos ata acabar cursando un curso de mecanografía. O mestre explicaba a través do proxector e despois realizábamos a tarefa por parellas. Tamén puidemos aprender un pouco do programa Photoshop.


Xa na ESO, máis concretamente en 4º, tiven a materia de informática e tamén realizamos o mesmo tipo de actividades pero con programas máis avanzados e mesmo chegamos a realizar un cortometraxe. Neste ano tamén escollín a materia de plástica e utilizamos programas de creación de pezas que foron bastante interesantes e realmente divertidos, como o Sketch Up, e aprendimos a utilizar máis a fondo o Photoshop. O mesmo me pasou en primeiro de bacharelato con debuxo técnico. Por último, en segundo de bacharelato, tamén en debuxo técnico, utilizábamos a pizarra dixital para a explicación de todas as actividades. Pareceume bastante interactivo, xa que a profesora case non a sabía usar e podíamos axudala.  Durante toda a etapa do instituto estaban presentes en todas as aulas proxectores, aínda que os profesores non os utilizaban moito.

A MIÑA HISTORIA PERSOAL COAS TIC- Alexandra



En Educación Primaria a miña relación coas TIC foi practicamente nula. Ás veces utilizaba o ordenador na casa para buscar información, pero na aula o único que facíamos era, como moito, ir á sala de audiovisuais onde tiñamos un proxector para ver vídeos, películas ou documentais.

Na ESO, pola contra, a relación aumentou notablemente. Realizábamos en todos os trimestres actividades grupais e usábamos un ordenador por grupo, de forma que aprendín a usar diferentes programas e moitos deles foron moi útiles na miña vida académica posterior. Usábamos ás veces pizarras dixitais, pero iso non era algo habitual e na maioría dos casos só a utilizaba o mestre.
No bacharelato vivín un retroceso neste ámbito. Ao tratarse de dous cursos moi intensivos os mestres tenden a reducir os métodos de ensinanza ás clases maxistrais. Só utilicei o ordenador na casa, básicamente para descargar apuntes, buscar información e preparar presentación, e algúns profesores utilizaban proxectores para ensinarnos vídeos útiles para ás materias. 

En resumo, só na ESO utilicei realmente as TIC de forma habitual, e considero que os Mestres que o facían non estaban capacitados e os proxectos non tiñan grandes resultados.

A MIÑA HISTORIA PERSOAL COAS TIC- Paula


A miña historia persoal coas TIC na Educación Primaria foi moi discontinua. Cando cheguei a 2º de Primaria o meu tutor era o encargado da aula de informática polo que todos os venres a última hora iamos aos ordenadores e aprendiamos as cousas básicas de Word, búsqueda en Google... Cousas simples pero que nos serviron de moito.
Cando acabamos 2º non volvemos a ter unha clase de informática en toda a primaria, único en 6º que a profesora mandaba facer algún traballo no ordenador, pero levado da casa, non na clase.
No que respecta á Educación Secundaria tiñamos contacto coas TIC  no que se refire a pizarras dixitais ou traballos feitos no Power Poin etc... No último curso da ESO tiven introdución ás TIC como materia optativa, pero non me serviu de moito debido a que o profesor non se tomaba a clase demasiado enserio. Tamén tiven informática onde nos introduciron a programas como o GIMP, ou á creación dunha páxina web desnde cero.

Penso que se debería por máis empeño na ensinanza das TIC na EP dado que cando eu estudei non había ningunha materia específica para elas.

A MIÑA HISTORIA PERSOAL COAS TIC - Sonia

Cando cursaba Educación Primaria, no meu colexio, non se fomentaba moito o uso das TIC, polo que a miña relación con elas era bastante escasa. O único momento no que empregabamos ordenadores ou outro tipo de tecnoloxías era na aula de informática (unha vez á semana) na cal dispoñiamos de varios ordenadores a partir dos cales nos ensinaban os contidos básicos. Tamén contabamos cun proxector e unha pizarra dixital que empregabamos as veces para realizar algún xogo interactivo entre todos.

Na ESO había un maior interese por fomentalas xa que o meu instituto formaba parte do Proxecto Abalar, polo que había varias aulas que contaban cos materiais que se proporcionan nel: varios portátiles, pizarras dixitais, armarios para gardar os equipos.. A pesar disto, non os utilizabamos moi a menudo, debido a que os profesores consideraban que perdiamos moito tempo. Finalmente, ao igual que no colexio, tamén os empregabamos en informática (se a elixías) e nas clases á hora de expoñer algún traballo.