En Educación
Primaria a miña relación coas TIC foi practicamente nula. Ás veces utilizaba o
ordenador na casa para buscar información, pero na aula o único que facíamos
era, como moito, ir á sala de audiovisuais onde tiñamos un proxector para ver
vídeos, películas ou documentais.
Na ESO, pola
contra, a relación aumentou notablemente. Realizábamos en todos os trimestres
actividades grupais e usábamos un ordenador por grupo, de forma que aprendín a
usar diferentes programas e moitos deles foron moi útiles na miña vida académica
posterior. Usábamos ás veces pizarras dixitais, pero iso non era algo habitual
e na maioría dos casos só a utilizaba o mestre.
No bacharelato
vivín un retroceso neste ámbito. Ao tratarse de dous cursos moi intensivos os mestres
tenden a reducir os métodos de ensinanza ás clases maxistrais. Só utilicei o
ordenador na casa, básicamente para descargar apuntes, buscar información e
preparar presentación, e algúns profesores utilizaban proxectores para
ensinarnos vídeos útiles para ás materias.
En resumo,
só na ESO utilicei realmente as TIC de forma habitual, e considero que os Mestres
que o facían non estaban capacitados e os proxectos non tiñan grandes resultados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario